tomado de COMITÉ DE SOLIDARIEDADE cos presos e presas políticas
Audiencia Nacional e policía reprimen o recibimento de Iolanda e Aurora
Un forte dispositivo policial impediu onte a celebración do acto de recibimento previsto para as ex-presas políticas do Partido Comunista de España (reconstituído) Aurora Cayetano e Iolanda Fernández liberadas o pasado mes de xullo tras pasar once anos en prisión.
Pouco antes das 18:00 h a policía xudicial identificaba aos organizadores informándoos sobre a existencia dun Auto emitido polo Xulgado Número Cinco da Audiencia Nacional no que se prohibía expresamente a celebración de calquera acto que tivese como fin “a exaltación do terrorismo” o que en palabras da propia policía incluía berrar consignas en favor dos presos políticos ou da Amnistía.
Varias dotacións da policía nacional tomaron as coruñesas rúas do Orzán e San Andrés co obxectivo de amedrentar as persoas que se dirixían ao Bar Faluya. Ducias de persoas foron identificadas, incluso simples viandantes que descoñecían os motivos de semellante dispositivo policial. A presencia policial prolongouse durante máis de catro horas.
Malia todo, cabe subliñar que nin a Audiencia Nacional ni a policía conseguiron evitar que máis de cincuenta persoas se achegaran ao Bar Faluya para expresar persoalmente o seu afecto e simpatía a Iolanda e Aurora. Non houbo bandeiras, nin consignas… pero si moita indignación e sobre todo moita SOLIDARIEDADE que era, en definitiva, do que se trataba. Por iso podemos dicir que aínda que non puidemos facer o Recibimento destas loitadoras en liberdade, o Estado fascista, os seus xuíces e a súa policía non conseguiron acadar ningún dos seus obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario